Aprobadas en Narón dúas mocións con enmendas de TEGA

venres, 26/09/2014 - 09:22
TEGA Narón

O Pleno do Concello de Narón aprobou onte dúas mocións sobre a elección directa do Alcalde, con sendas enmendas de TEGA.

No primeiro caso, aprobouse unha moción na que se manifesta "a vontade desta Corporación Municipal de que se adopten as modificación legais oportunas, por consenso de todos os grupos políticos con representación no Parlamento do Estado, que garantan o respecto á vontade maioritaria dos cidadáns e a estabilidade do concello, de tal xeito que o cabeza da lista máis votada nas eleccións locais sexa elixido alcalde". Foi aprobada cos votos de PP, TEGA e Grupo Mixto, e a abstención do PSOE e do BNG.

A outra moción enmendada acorda "rexeitar a modificación unilateral da LOREG que propón o PP para elixir directamente ós alcaldes e alcaldesas, e que isto se realice por consenso de todos os grupos políticos con representación no Parlamento do Estado".  Votaron a favor PSOE, TEGA e Grupo Mixto, o BNG abstívose e o PP votou en contra.