Moción do Grupo de Goberno Municipal contra o desmantelamento do 065 do Servicio Galego de Transporte Adaptado

xoves, 10/04/2014 - 14:35
Grupo de Goberno do Concello de Narón

O Servizo Galego de Transporte Adaptado (065), que atende as persoas con discapacidade e dependentes, foi instaurado no goberno bipartito da Xunta de Galiza e  constituíu o primeiro transporte adaptado público de todo o Estado español. 

A partir do acceso do PP ao goberno da Xunta de Galiza, este servizo básico, bautizado como Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal (065) comezou a sufrir un deterioro constante que ten a súa culminación na decisión da Xunta de deixar de prestar o servizo para o traslado diario ou semanal das persoas dependentes aos centros onde van ser atendidas nas súas terapias.