Estatutos

 

Limiar

Un fato de galegas e galegos, de conviccións firmes, acometeron a tarefa de constituír e de organizar un partido político que faga posible que Galicia poida tomar compromiso político por sí mesma desde dentro, sen caer en mimetismos e imposicións alleas á súa realidade propia.

Trátase de poñer en pé, coa axuda de todos/as que se sintan identificadas co noso país e co noso pobo, unha estrutura organizativa que faga unha política ao noso xeito galego: teimudo nos propósitos, realista nos medios, ponderado nos procedementos, tolerante e respetuoso de todas as opcións.